Envirosoil acompáñate en todo o proceso de investigación e/ou descontaminación do teu subsolo ata que peches o expediente, ofrecéndote no camiño:
PAIXÓN
queremos o que facemos e loitamos día a día para mellorar o que ofrecemos, estamos profundamente comprometidos con todos os proxectos que realizamos. A vida é demasiado curta como para non amar o que facemos.
RESPONSABILIDADE
Actuamos con responsabilidade social e medioambiental fronte aos nosos socios, empregados, provedores e clientes.
ORIENTACIÓN AO CLIENTE
O que facemos facémolo por e para o cliente.
EXCELENCIA
Esixímonos a máxima calidade, ofrecendo aos nosos clientes o mellor servizo ao mellor prezo. O que facemos facémolo ben.
TRANSPARENCIA E CONFIANZA
Traballamos con transparencia para construír relacións de confianza entre o noso equipo, os nosos clientes e os nosos provedores.
RESPECTO E TRABALLO EN EQUIPO
Xeramos un ambiente de proximidade e respecto para fortalecer o traballo en equipo, colaboramos e sumamos esforzos para capitalizar os beneficios do traballo en equipo e multiplicar os logros. Comunicámonos de forma aberta e clara.
GRATITUDE
Sentímonos agradecidos polo negocio que estamos a construír os socios e empregados da man dos nosos provedores e clientes, e polas oportunidades que nos está a xerar.
Traballamos para comunicar esta gratitude ao noso equipo, aos nosos provedores e aos nosos clientes.
ADAPTABILIDADE
Traballamos analizando o que facemos con capacidade autocrítica e dispoñibilidade para o cambio.
RENTABILIDADE E SOLIDEZ FINANCIERA
Por responsabilidade de cara aos nosos socios e empregados buscamos a rendibilidade do negocio co obxecto de consolidar a empresa, seguir a crecer e emprender novos proxectos.