DIAGNOSTICAMOS O ESTADO AMBIENTAL DO SUBSOLO DA TÚA INSTALACIÓN E SE É NECESARIO O DESCONTAMINAMOS
Pode que recibiras un requirimento da Administración solicitando informes do estado do subsolo da túa propiedade e falen de conceptos e leis que descoñeces. Non te preocupes, nó contámosche o que necesitas saber e se queres, axudámosche no proceso para que cumpras co que solicitan.
Algunos de nuestros clientes:
Comecemos polo principio:

Cando necesitas un diagnóstico ambiental do subsolo? (Informes de situación e informes preliminares)

– Cando a Administración che requira en base á Lei 22/2011, de 28 de xullo, de residuos e solos contaminados porque:

  • A túa actividade está catalogada como Potencialmente Contaminante de Solo.
  • A túa instalación sexa obxecto dun proceso de compravenda.
  • Vayas a cambiar o bien la actividad que realizas en tu instalación o bien el uso del suelo del emplazamiento.
  • Vaias cambiar ou ben a actividade que realizas na túa instalación ou ben o uso do solo do emprazamento.

– Cando queiras asegurarte voluntariamente de que a túa actividade non deixou ningún pasivo ambiental no subsolo..

Cando debes iniciar un proceso de descontaminación do solo?

– Cando conforme aos resultados do teu Informe Preliminar, a Administración declare o solo da túa propiedade como contaminado en base ao disposto no Real Decreto 9/2005, de 14 de xaneiro, polo que se establece a relación de actividades potencialmente contaminantes do solo e os criterios e estándares para a declaración de solos contaminados.

– Cando, coñecendo que existe unha afección no subsolo, decides voluntariamente levar a cabo procesos de descontaminación.

E cando acaba un proceso de descontaminación?

Un solo deixa de estar contaminado cando se realicen neles actuacións de descontaminación que, en función dos diferentes usos, garantan que aqueles deixaron de supoñer un risco inadmisible para o obxecto de protección designado, saúde humana ou ecosistemas.

Envirosoil acompáñate en todo o proceso de investigación e/ou descontaminación do teu subsolo ata que peches o expediente, ofrecéndote no camiño:

SEGURIDADE

Porque tes un equipo ao teu dispor que está:

  • Validado para traballar ante a Administración ao ser unha empresa acreditada por ENAC como Entidade de Inspección de Solos e Augas Subterráneas Asociadas conforme á UNE-EN ISO/IEC 17020:2012 para o deseño e a inspección da calidade do solo asociadas a actividades, instalacións ou accións potencialmente contaminantes.
  • Capacitado para traballar con diversas técnicas de descontaminación, o que che asegurará ter a solución máis eficaz xa que podemos ofrecerche a metodoloxía máis axeitada segundo o tipo de contaminación e as características do subsolo.

 

Z

TRANQUILIDADE

Porque redactamos todos os informes que poida requirir a Administración e acompañarémosche ás reunións que necesites

CLARIDADE

Resolvémosche todas as dúbidas que poidan xurdir durante o proceso, xa sexan técnicas ou administrativas.

COMODIDADE

Porque ofrecémosche un proxecto chave en man que che permita ter un único interlocutor durante todo o proceso, un interlocutor que será coñecedor de todo o trámite e os seus antecedentes.

CONTROL E EFICIENCIA

Gracias a nuestro sistema de gestión de calidad y medio ambiente certificado conforme a las normas ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015.

Somos especialistas en investigación de solos e augas subterráneas e a súa descontaminación mediante diversas técnicas, enumerámosche algunhas delas: :

  • Tecnoloxías in situ: extracción de vapores, air sparing, extracción multifase, alto baleiro, bioslurping e bioventing.
  • Tecnoloxías ex situ: landfarming, biopilas e lavado de solos.

Ademais, realizamos outra serie de estudos e actuacións que frecuentemente acompañan a unha investigación e descontaminación do subsolo, por exemplo:

  • Análise de Brancos Ambientais.
  • Simulacións matemáticas de fluxos subterráneos e dispersión da contaminación.
  • Proxectos de Prevención e Control Integrados da Contaminación (IPPC).
  • Auditorías ambientais ‘Due diligence’.
  • Cuantificación e valoración de Pasivos Ambientais en solos e augas subterráneas.
  • Escavacións selectivas de solos contaminados e certificacións de solo remanentes.
  • Plans de vixilancia e control pos-mellora do solo.
  • Controis analíticos de augas subterráneas e emisións de gases e vapores.

Como traballamos?

Explicámosche cal sería o proceso de traballo dun expediente tipo de investigación do subsolo, ten en conta que cada caso ten as súas particularidades, pero máis ou menos e en xeral o proceso é o seguinte: :

1

Contactas connosco e cóntasnos cal é a túa.
"

2

Se podemos axudarche, deseñamos unha proposta onde explicamos o proceso que levamos a cabo.
"

3

Se aprobas a nosa proposta técnica, comezamos planificando contigo todas as actuacións.
"

4

O primeiro que facemos é unha visita de campo que require unha inspección do emprazamento e a toma de mostras de solo que deben levarse a analizar. Normalmente para a toma de mostras é necesario realizar perforacións de pequeno diámetro.

"

5

Unha vez recibidos os resultados das mostras, se as concentracións dos contaminantes superan uns niveis establecidos pola lexislación denominados NGR´s (niveis xenéricos de referencia), debe realizarse un Análise Cuantitativo de Riscos (ACR).

NOTA: De forma simplificada a ACR valora se, en función das concentracións das sustancias presentes nas mostras, existe risco para os ecosistemas e/ou a saúde humana segundo os usos que se lle estean a dar a ese emprazamento. Se existe risco debe realizarse unha descontaminación.

"

6

Basándonos en el trabajo desarrollado te presentamos un informe detallado con los resultados y recomendaciones. A grandes rasgos:

>En base ao traballo desenvolvido presentámosche un informe detallado cos resultados e as recomendacións. En xeral:

  • Se non é necesaria a ACR ou esta non detecta riscos, non estás obrigado a levar a cabo procesos de descontaminación (coa excepción de aquelas situacións que requiran movemento de terras e xestión final de solos non valorizables).
  • Se se detectou un risco, debes descontaminar o emprazamento. Se decides acometer estas labores connosco, realizarémolas como un proxecto chave en man que xestionaremos de principio a fin, é dicir, ata que a Administración dea por pechado o teu expediente.

Aquí podes ver con imaxes os diferentes pasos dun proceso de investigación do solo:

Diagnóstico do subsolo e proxectos de descontaminación chave en man, acompañámosche e asesorámosche dende o primeiro requirimento ata o peche do expediente.

Necesitas máis información técnica?

En Envirosoil gústanos compartir o noso coñecemento e experiencia: aquí tes unha serie de descargables que elaboramos pensando que poden resultarche útiles:
Necesitas algo máis? Xa sabes que podes contactar connosco, estaremos encantados de axudarte.