NECESITAMOS COÑECER, COIDAR E PROTEXER O SUBSOLO PARA PODER VIVIR SOBRE EL

Quizás sexa un dos recursos naturais máis complexos cos que traballar:  aloxa no seu interior aire, auga, minerais e bacterias o que provoca innumerables reaccións físicas, químicas e biolóxicas difíciles de predicir, e todo iso, nun entorno de complexa accesibilidade.

E quizás sexa iso, xusto iso, o que provoca que nos atraia tanto. 

Pero a cada un de nós nos atrae dende un punto de vista diferente: o ambiental, o hidroxeolóxico, o estrutural, o xeolóxico etc. E precisamente esa conxunción de perspectivas, unida á paixón polo noso traballo, é o que fai que o equipo de Envirosoil sexa único. 

Ben, iso e tamén, por que non, a nosa historia:

Envirosoil, unha empresa que naceu en plena crise sobre unha bicicleta

Curioso pero foi así. Os meus compañeiros e eu, alá polo 2013, vimos como a nosa empresa, esa na que tiñamos traballado durante anos, pechaba as súas portas. .

E cando recibes noticias así, necesitas reflexionar.

Así que o mesmo día do anuncio collín a miña bicicleta pero non regresei a casa directamente. Empecei a divagar mentres me perdía polas rúas de Madrid. E fue entonces cuando ella apareció tímidamente.Observeina con curiosidade e certa ilusión, aínda que neses momentos cría que non podería chegar a ser máis do que xa era, unha idea..

A ver, tiñamos o coñecemento, sabiamos traballar en equipo, mellor dito, eramos un equipo, coñeciamos aos clientes, entón… por que non? por que non tentalo pola nosa conta?

Ao día seguinte, compartín con meus compañeiros esa tímida idea crendo que nin sequera a tomarían en serio, pero non foi así.

Dixeron que si. E ese si tivo moitas consecuencias.

Tivo o poder de engadir un novo título ao de compañeiros e amigos: o de socios.

E permitiu que nacera Envirosoil, unha enxeñería ou quizás debería dicir un equipo, que continúa vivindo o seu proxecto coa mesma paixón do primeiro día.

En Envirosoil traballamos para ofrecer as solucións máis eficaces porque só así conseguiremos ser o negocio de referencia que un día imaxinamos:

e do noso equipo ao tempo que contribúe ao desenvolvemento sostible do entorno.

E todo iso, o facemos apoiándonos nuns valores comúns que utilizamos de compás no noso día a día:
  • Paixón: queremos o que facemos e loitamos día a día para mellorar o que ofrecemos, estamos profundamente comprometidos con todos os proxectos que realizamos. A vida é demasiado curta como para non amar o que facemos.
  • Orientación ao cliente: o que facemos, facémolo por e para o cliente.
  • Responsabilidade: actuamos con responsabilidade social e medioambiental de cara aos nosos socios, empregados, provedores e clientes.

E é que, detrás das fórmulas, cálculos, planos, etc. que nos acompañan diariamente, hai unha parte que non se expresa en números pero que tamén suma e, moito. Aquí amosámosche os nosos piares e o noso norte:

VISIÓN

VALORES

POLÍTICA

CERTIFICADOS

Agora que nos coñeces un pouco máis, entenderás porque nos consideramos unha enxeñería próxima, responsable pero tamén apaixonada

traballamos xuntos?